top of page

 

SOLICITUDE

 

Se queres emprender e ser beneficiaria do programa Emprendou 8M podes optar polas seguintes alternativas:

  1. ​ Darte de alta como autónoma a través da Deputación e do seu punto PAE, e despois solicitala axuda.

 

Os Puntos de Atención o Emprendedor (PAE) encárganse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da actividade, a través da prestación de servizos de: información, tramitación de documentación e asesoramento

Todas as persoas que estean interesadas en participar no “Programa EmprendOU 8M” poderán xestionar a súa alta como autónomos a través do Punto PAE da Deputación de Ourense ben:

  • En persoa: na propia Área de Benestar.

  • Telemáticamente:  a través de videochamada.

    • A persoa solicitante deberá poñerse en contacto coa Área de benestar no numero 988-317-766 ou 988-317-762 para concertar o dia e a hora da videochamada.

    • O solicitante recibirá a través de correo electrónico e de Whatsapp un enlace para conectarse o dia e a hora seleccionado. As persoas que elixan esta opción previamente deberán aportar toda á documentación necesaria: 

      • D.N.I.

      • Numero da S.S.

      • C.N.A.E. da actividade que quere emprender

      • Número de conta bancario

 

2. Solicitala axuda, coa axuda dun técnico da Área de Benestar.

  • Nas oficinas na Área de Benestar: As persoas que carezan de medios tecnolóxicos ou que por calquera outro motivo non poidan cubrir a solicitude a través da páxina web ou aplicación do Programa, poderán dirixirse á Área de Benestar da Deputación de Ourense para xerar e presentar a súa solicitude: 

  1. A través de “pantallas de ordenador” postas a disposición do solicitante coa asistencia e supervisión dun funcionario.

  2. A través dunha entrevista persoal co funcionario.

  3. Unha vez cuberta a solicitude, procederase á súa impresión e o solicitante presentaraa no rexistro electrónico da Administración provincial.

  • Firma por voz desde a túa casa a través do teu dispositivo móbil:

  1. Chama ao teléfono 988317762 e fixaremos unha cita para que presentes firmes a solicitude do Programa emprendOU en feminino dende a túa casa, só cun móbil a través da túa voz.

  2. Recibirás no teu correo electrónico e por whatsapp un enlace para ser atendido o día e hora que teñas solicitado, o que mellor se adapte a ti.

  3. O día e a hora da cita deberás facer clic no enlace que recibiches para así ser atendido a través do teu móbil ou PC por un empregado público que cubrirá a túa solicitude on-line. Unha vez rematada poderás visionala no teu dispositivo e a asinarala coa túa voz.

  4. A túa voz será a túa sinatura biométrica vocal que quedará anexa á túa solicitude e deste xeito, presentarase ante o rexistro electrónico a través dun funcionario habilitado.

  5. No mesmo día, no teu correo e por whatssapp recibirás a túa solicitude rexistrada.

  6. Nun prazo máximo de oito días hábiles (no caso de que cumpras os requisitos solicitados para a concesión da axuda) recibirás no teu domicilio unha tarxeta prepago coa axuda que che corresponda para ser empregada en gastos relacionados ca actividade.

 

  • Solicitala sen axuda: despois de darte de alta, podes cubrir a solicitude a través do formulario que se facilita, descargalo e imprimir o PDF e presentalo persoalmente.  Para ser identificado deberá ser presentado persoalmente pola persoa interesada no rexistro electrónico da Deputación, dun concello ou dunha oficina de correos.

 

A solicitudes deberán presentarse ante o Rexistro Electrónico Xeneral da Deputación de Ourense.   

Para a presentación da solicitude deberá utilizarse o formulario normalizado ó que poden acceder dende o seguinte enlace:

-SOLICITUDE-

bottom of page